ENTIDAD
A GRANXA
COMISIÓN DELEGADA
LOCALIZACIÓN
EMPRESAS
PLANO POLÍGONO
EMPRESAS MIEMBRO
UTILIDADES
HEMEROTECA
ENLACES DE INTERÉS
CONTACTO
NOTICIAS
27/01/2016 A alcaldesa de Porriņo anuncia en A Granxa o inicio de obras de mellora

A rexedora mantivo onte martes unha xuntanza co presidente dos empresarios do polígono de A Granxa para tratar sobre a conservación do mesmo e os proxectos de mellora deste emprazamento industrial

García de la Torre, Indalecio Cuevas e o xerente da Entidade de Conservación do Polígono de A Granxa, David Sobral, fixeron un percorrido polo mesmo para ver, in situ, os lugares nos que o Concello ten previsto realizar obras, e para estudar as necesidades de conservación e sinalización que garantan a seguridade no tránsito e acceso ao mesmo.
A alcaldesa informou polo miúdo aos responsables da Entidade do plan de transformación de catro rotondas interiores e adiantou que o Concello acometerá, “inmediatamente”, a reparación da beirarrúa e o vial danados na Avenida Principal coa rúa I así como a colocación de discos azuis e pintado de vías, reposición de sinais, colocación de sinalética informativa sobre a limitación do estacionamento de gabarras así como o regulamento da taxa de vados municipais de xeito que so teña que pagala quen queira a placa dos mesmos. Ademais, o goberno local ten a intención de acelerar os trámites para a reposición da escultura danada por un accidente en febreiro de 2011 e comprométese á mellora da limpeza no conxunto do polígono, no que traballan máis de 4.000 persoas e transitan, diariamente, preto do dobre.
García e Cuevas coincidiron no feito de que o tecido empresarial é un dos símbolos do Porriño, que abrangue algunhas das firmas punteiras “a nivel mundial” o que se reflicte na súa capacidade innovadora, exportadora, investigadora e creadora.
www.atlantico.net/articulo/area-metropolitana/alcaldesa-do-porrino-anuncia-na-granxa-inicio-das-obras-mellora/20160127093718511040.html
 
<< volver a listado de noticias